Vedra organiza en outubro o roteiro-concurso de tapas
O concello de Vedra en colaboración cos establecementos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro – Concurso “Vedra de Tapas”, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de outubro de 2015 co obxectivo de promover a restauración local. Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES E TAPAS:
O CHURRASCO DE JUANITO
Fabas de Julia
Zorza da Ulla
RESTAURANTE VILLAVERDE
Croquetas de chocos na súa tinta
Callos de bacalao á galega
O CRUCEIRO
Tortipizza
Torrada de queixo de Arzúa con pulpo
BAR QUENLLAS
Polbo con cachelos
Delicias
BAR AVENIDA
Callos
Pulpo á feira con cachelos
TABERNA MOSQUEIRO
Fabada de Mosqueiro
Raxo con patacas novas
A TABERNA DO FERRADOR
Chipiróns na súa tinta con arroz
Tostas de lacón e pemento recheo
CAFÉ-BAR DERBI
Mans de Ministro
Richada
CAFÉ BAR A DORNA
Carne ao caldeiro
Callos da avoa
O FOGAR DO AVÓ
Tenrreira con salsa de champiñóns e castañas
Rubenadas
MESON ROBERTO
Bonito sobre fondo de compota de tomate
Tosta de atún con tomate
BAR BARREIRO
Cabra ao estilo de “Barcia”
E de segundo postre
CONCURSO:
Cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu establecemento.
Os clientes poden votar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren: de 0 (mal) a 5 (excelente).
Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos
Outorgaranse unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás mellores tapas.
SORTEOS E AGASALLOS:
Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:
Ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do concello de Vedra.
As papeletas terán que estar depositadas o domingo 18 de outubro de 2015 ás 23:00h. como data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.
OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:
As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:
-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.
-Un lote de produtos locais.
-1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello.
As cartillas con selos de como mínimo 8 establecementos participarán nos sorteos de:
-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuito termal…
-100 €
As cartillas con selos dos 12 establecementos participantes entrarán no sorteo de:
- 200 €
Para os agasallos de grupo:
Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.
Realizarase un CONCURSO FOTOGRÁFICO:
A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta “Vedra de Tapas”.
Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.