Valentín González Formoso define á provincia da Coruña como motor económico de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá en Palexco (A Coruña) no acto inagural do Congreso anual da Conferederación de Executivos de Directivos de España (CEDE), que estivo presidido polo Rei de España, Felipe VI, e contou tamén coa asistencia de numerosas autoridades como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o presidente de CEDE, Isidro Fainé, así como unha nutrida representación de líderes e directivos empresariais de toda España.

Na súa intervención, González Formoso agradeceu ao comité organizador a elección da Coruña como sede deste importante simposio e considerou que “é unha elección acertada e xustificada, dado que a provincia da Coruña é o motor económico de Galicia e conta cun gran espírito emprendedor e empresarial, que funde as súas raíces na nosa propia historia”.

O presidente da Deputación apuntou que, aínda que a provincia da Coruña non é das máis grandes de España en canto a extensión e poboación, sí está “nos primeiros postos do ránking nacional en canto á facturación das súas empresas e aporta ao PIB nacional case 37.000 millóns de euros só no sector industrial e empresarial”.

“Esta provincia é capaz de vestir ao mundo a través de Inditex, de ser o segundo produtor europeo de conservas co grupo Calvo, de fabricar buques militares para medio mundo e armadas de países punteiros, de ter o maior eixe de produción forestal de Europa e de trasnformar esa madeira con alguhas das maiores empresas do sector a nivel europeo como os grupos Finsa, Tojeiro e Losán, ou de producir camións que se exportan a África, Sudamérica e Europa do Este coa factoría de Urovesa”, afirmou González Formoso, que subliñou que este “inmeso potencial ao servizo do país” da provincia coruñesa reforzase con infraestruturas como os dous aeroportos, dous portos exteriores “que van a ser a porta a América” e “dous importantes centros de coñecemento” para a formación de novos talentos, en referencia ás universidades da Coruña e Santiago de Compostela.

O presidente provincial destacou que todo isto “non é casualidade, senón que é froito do esforzo inmenso de xente que traballou durante xeracións coa conciencia de que querían o mellor para o seu país” e, neste sentido, ofreceu a colaboración da Deputación e da sociedade da provincia para a implantación no noso territorio de “calquer proxecto empresarial que xere valor engadido aos seus cidadáns”

6 de outubro de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.