Unha vintena de profesionais obteñen a Certificación de Experto Feiral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Expourense acollía esta mañá o acto de entrega dos diplomas do Curso de Capacitación en “Certificación en Expertos Feiral” organizado pola Asociación Galega de Feiras e Eventos (AGAFE) coa colaboración do IGAPE e no que participaron unha vintena de profesionais procedentes de 15 empresas asociadas de  toda Galicia e que abarcan toda a cadea de valor do sector feiral (propietarios de insfraestructuras, organizadores, provedores de servizos directos e indirectos, empresas de montaxe, etc.). Este curso foi impartido nas instalacións de Expourense a finais do mes de xuño e correu a cargo de Antonio Brito, director da empresa Newevents Academy, con experiencia internacional e formadores profesionais expertos na organización de feiras e eventos. A entrega de diplomas correu a cargo do presidente de AGAFE, Alejandro Rubín, do profesor do curso, Antonio Brito, e de membro da xunta directiva de AGAFE, Ricardo Durán.

Trátase dun curso único en España, non existindo na actualidade outra posibilidade para obter un título similar e esta vintena de profesionais son os primeiros en obter este título no país. Este curso abordou os seguintes bloques temáticos: Evolución histórica das feiras; Formulación e xestión de proxectos; Métodos de captación de expositores e patrocinadores; Captación de audiencias e de visitantes; Produción, operacións e dirección de feiras e Desenvolvemento de planos e esquemas para eventos. 

Coa formación e a profesionalización do sector feiral como un dos obxectivos de AGAFE, o novo deste curso e o feito de ser a única posibilidade que na actualidade bríndase ás profesións do sector, a xunta directiva de AGAFE fixo un chamamento á participación no curso entre os seus asociados para a realización do mesmo. Unha vez concluído, o balance foi altamente satisfactorio.

9 de outubro de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.