Unha filme performance de AA++ e Nistra inauguran o festival de curtametraxes ‘Cortocicuíto’ en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A filme performance Cinema Expandido Doméstico, do colectivo AA++ e a música e imaxes de Nistra inaugurarán este venres o festival de curtametraxes que se celebra en Santiago de Compostela, ‘Cortocircuíto’. Comezará ás 20,30 horas. O evento terá lugar na Zona C de Santiago e consistirá na proxección da metraxe con multipantalla e narración en directo, un proxecto do dúo conformado por Ana Domínguez e Ángel Rueda -directores da (S8) Mostra de Cinema Periférico-.

Tras a performance, haberá un viño galego, cortesía de Mara Martín, e o colectivo compostelano Nistra porá música e imaxes co seu primeiro proxecto, Nistra Batuko Exploration. Asistir ao evento, que dá o pistoletazo de saída ao festival de curtametraxes celebrarase entre o 6 e o 11 de outubro, é gratuíta logo de retirada de convite no Teatro Principal.

1 de outubro de 2015 | 10:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.