Unha colisión entre catro coches sáldase cunha persoa ferida en Vilagarcía
Unha colisión múltiple entre catro vehículos rexistrada esta mañá no municipio pontevedrés de Vilagarcía, a uns 200 metros aproximadamente, do porto, saldouse cunha persoa ferida, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias. O CAE 112 Galicia, ademais de alertar a Urxencias Médicas, tamén solicitou a intervención dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos membros do servizo de emerxencias desta localidade. O accidente tivo lugar en torno ás 9,15 horas.











