Unha amiga de Asunta declara: “Era unha nena feliz e bromista”
Unha amiga de Asunta que actualmente ten 14 anos declarou este xoves por videoconferencia e respondeu ás preguntas do avogado da nai que a nena, achada morta en setembro de 2013, era “feliz e bromista”.
Durante a breve intervención da menor, que só foi interrogada pola defensa de Rosario Porto, a acusada de asasinar a súa filla adoptiva rompeu a chorar e tivo que utilizar un pano para secarse as bágoas, mentres tapaba a cara coas mans.
A compañeira de Asunta recordou que “un día” a nena lle contou, por ‘Whatsapp’, que a intentaran “matar”. “Pero como era moi bromista pensei que non era en serio”, apuntou.











