publicidade hoxe

Un veciño de Vigo foi detido por agredir á súa parella durante unha discusión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosViana do BoloVigo
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un home de 36 anos de idade, D.F.C., natural de Viana do Bolo (Ourense), pero veciño da cidade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Os feitos aconteceron na tarde do xoves, cando unha dotación acudiu a un domicilio da rúa Heraclio Botana, tras recibir unha chamada dunha muller que alertaba de que acababa de ser agredida pola súa parella.

Os axentes, unha vez no domicilio, entrevistáronse coa muller, quen lles explicou que mantivera unha discusión coa súa parella, e que este lle golpeara a cara. Así mesmo, confirmou que as pelexas con el eran frecuentes dende que naceu a súa filla, hai dous anos.

Os axentes comprobaron que a denunciante tiña a roupa resgada, e chamaron a emerxencias para que un equipo sanitario a atendese, dado o estado de ansiedade que presentaba. O suposto autor da agresión foi detido.

2 de outubro de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.