Un total de 23 maiores de AFAL fan deporte no Inferniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

23 maiores dos Centros de Día Terapéuticos xestionados por AFAL Ferrolterra participaron onte á mañá nunha das saídas terapéuticas do programa Terapias en Sociedade. En concreto, e acompañados das traballadoras da asociación, os usuarios desprazábanse en autocar á praza do Inferniño para facer deporte e tamén visitar a exposición de pintura que actualmente acolle o centro cultural Carballo Calero. Unha actividade que contou coa colaboración da Mancomunidade de Municipios, que sufragou os custes de desprazamento dos maiores. Todos eles fixeron exercicio no parque biosaudable ubicado na praza e a experiencia resultou tan gratificante que o equipo de AFAL xa está pensando en reeditala e aproveitar en futuras ocasións a pista multiusos exterior para practicar algún deporte como baloncesto.

Nesta liña, o presidente de AFAL, José Manuel Maceiras, sinalou que este tipo de patoloxías provocan que moitas veces a persoa que a padece se sinta perdida ou illada do mundo, polo que a entidade busca crear un contexto de vida estimulante. Así, o achegamento aos recursos comunitarios constitúe un elemento clave para acadar a normalización do Alzheimer na sociedade. De ahí, Terapias en Sociedade. Un programa que ata a data ten levado aos maiores a museos, exposicións, representacións teatrais ou comidas campestres.

22 de outubro de 2015 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.