Un milleiro de alumnos de institutos lucenses formaranse como emprendedores coa Fundación CEL e a Deputación de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Os presidentes da Fundación CEL – Iniciativas por Lugo e a DeputaciónProvincial de Lugo, Luís García Santalla e Darío Campos Conde respectivamente,presentaron hoxe nas instalacións do viveiro de empresas lucense o “ProxectoEmprendedores”, un programa divulgativo e formativo en virtude do cal sedesenvolverán diferentes accións orientadas ao fomento de vocacións emprendedorasna provincia.

Concretamente, en virtude o proxecto organizaranse, por unha banda, 24xornadas presenciais de “sensibilización, motivación e difusión da culturaemprendedora”, nas que participarán un total de 1.200 alumnos dunha vintena decentros educativos (institutos e centros de formación profesional) situados naszonas norte, centro e sur da provincia de Lugo e, por outra, accións formativasgratuítas, orientadas a todo tipo de persoas interesadas en crear unha empresa,sobre “Actitude Emprendedora e Oportunidades de Negocio” e “Xestión daPrevención de Riscos Laborais en Pequenos Negocios”. Esta segunda parte doproxecto, que se executará vía teleformación, está dotada cun total de 140prazas.

Vocación emprendedora

O presidente da Fundación CEL, Luís García Santalla, destacou durante oacto de presentación que o “Proxecto Emprendedores” nace do convencemento daFundación CEL de que é necesario “plantar a semente da vocación emprendedora”xa no sistema educativo, orientando desde fases temperás a “futurosempresarios, dando alas ás súas ideas e sinalándolles o camiño a seguir”.Subliñou que “o espírito emprendedor é sen ningunha dúbida un dos principaismotores de innovación, competitividade e crecemento da economía dun país”, asícomo que a necesidade de “fomentar a cultura emprendedora” é máis que nuncaimprescindible como vía de progreso económico e loita fronte á crise.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, destacouque “é unha satisfacción continuar con esta iniciativa empezada por GómezBesteiro, porque aposto polo autoemprego como ferramenta para acceder a unposto de traballo, promovendo a igualdade e a conciliación familiar así comocombatendo a fenda salarial”.

Nesta liña, Campos Conde valorou que“debido á situación da provincia, que conta con máis de 21.000 lucensesdesempregados; e a do país, na que 40 mozos galegos ao día vense na obriga demarchar pola falta de oportunidades laborais; creo que é imprescindible quetodas as administracións nos impliquemos e facilitemos o autoemprego”.

Xornadas desensibilización

As xornadas presenciais de sensibilización do Proxecto Emprendedoresdesenvolveranse tanto nas instalacións da Fundación CEL como nalgúns dos vintecentros educativos que se sumaron a esta iniciativa, os martes e xoves de aquía fins do mes de novembro. Buscan achegar aos participantes ao mundo real dacreación de empresas e o autoemprego, dando a coñecer, de forma interactiva eparticipativa, como é o proceso de posta en marcha dunha empresa.

Nesta liña, constarán de dinámicas de creatividade e análise de prensa paraaxudarlles na procura de ideas de negocio; análise e elaboración do lenzoCANVAS para deseño do modelo de negocio na fase de maduración da idea;información sobre entidades que poden axudar a emprender en cada fase;información sobre servizos concretos dun Centro de Iniciativas Empresariais eviveiro de empresas; encontros cos técnicos especializados en asesoramento aemprendedores da Fundación CEL e con emprendedores que hoxe están a desenvolveras súas ideas neste centro e acceso a experiencias emprendedoras reais.

Accións formativas

Pola súa banda, a parte de formación específica do PROXECTO EMPRENDEDOREScomprende un total de tres cursos vía teleformación sobre “ActitudeEmprendedora e Oportunidade de Negocio” e catro de “Xestión da Prevención deRiscos Laborais”. Ofértanse un total de 140 prazas ás que poderá accedercalquera persoa interesada en crear a súa propia empresa.

20 de outubro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.