Un home resultou ferido nun accidente entre un turismo e un camión na Xesta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínSucesos
A-
A+
Estado no que quedou o turismo

Estado no que quedou o turismo

Os servizos de emerxencias acudiron esta mañá a unha colisión por alcance entre un vehículo e un camión articulado de transporte de maquinaria que se produciu ás 7. 00 horas en A Xesta. O vehículo sinistrado foi un Peugeot 206 PO-0435-BK conducido por FJDP, veciño de Carrofeito. O condutor tivo que ser escarcelado e trasladado  con diversas feridas posteriormente polo 061 ao CHUS. Pola súa banda, o  condutor do camión saíu ileso.

Retirada de árbore

 

Por outra parte, retirouse a primeira hora unha árbore que se inclinaba perigosamente sobre unha das pontes de madeira do Paseo do Pontiñas.

8 de outubro de 2015 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.