publicidade hoxe

Un can labrador entra a formar parte de Bo día Familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os nenos e nenas que acudiron este venres a Bo día Familia, servizo de conciliación da vida familiar e laboral do concello do Carballiño, tiveron a sorte de compartir aula co can Geros, un Labrado que esta sendo adestrado para acompañamento de persoas e coeducación cos nenos. Está foi unha nova experiencia que levaron a cabdo dende a área de Benestar Social e que, tal e como indicaba a edil responsable da mesma Marina Ortega “estes cans son unha verdadeira axuda para os docentes e para axudar a persoas con algunha problemática. Está demostrado que a compañía deste animais mellora en moito as persoas que o precisan”.

No caso de Bo día Familia tratouse simplemente de mostrar os nenos como traballa este can, e como está adestrado, pese a que Geros é ainda xoven, e tiña moitas ganas de xogar con eles. Pese a todo sempre estivo pendente das instruccións das súas adestradoras.

Os nenos, dende que entrou Geros, mostraron un gran ineterese en coñecelo e ver como traballaba xunto con eles.

30 de outubro de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.