Un amigo de Rosario Porto: “Si, claro que manteño a amizade, eu creo que ela non ten nada que ver con isto”
Un amigo de Rosario Porto da entidade social Ateneo, á que ambos os dous pertencían, afirmou este venres no xuízo polo crime da súa filla Asunta que “claro” que mantén con ela a amizade, posto que el cre que a acusada de asasinar á menor “non ten nada que ver con isto”.
Este home, que declarou como testemuña a petición do avogado de Porto, sinalou que a coñece dende “fará uns seis, sete anos,”, do Ateneo compostelano, ao que ambos os dous pertencían , e onde se vían “semanalmente”.
Ao respecto, comentou que non adoitaba quedar nas “postreunions” porque tiña que dedicarse á súa filla, sobre a que xiraban numerosas conversacións.











