Últimos días para mercar as entradas da V Comida Baile Solidaria organizada pola AECC Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Ata o vindeiro xoves poderán adquirirse no bar Saloon as entradas para poder asistir á V Comida Baile Solidaria que a AECC Ordes ten organizada para o próximo domingo18 de outubro. Os interesados en participar deberán darse presa xa que tan só quedan dispoñibles 60 delas. O lugar escollido para a ocasión é o restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, que ofrecerá un total de 400 cubertos, estando comprometidos a día de hoxe máis de 330 deles. A cita dará comezo a partir das 14.30 horas.

Dos 30 euros do seu custo 5 destínanse integramente para a investigación contra a enfermidade. Ademais tamén haberá un servizo gratuíto de autobuses que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Álvarez.

O acto contará coas actuacións do grupo local Ritmo galego e da cantante Tania Veiras, que coa súa música e de xeito totalmente gratuíto queren contribuír na recadación de fondos. Como de costume tamén se realizarán sorteos de agasallos graza á colaboración dos comerciantes do municipio ordense. Macoga; S.D. Club Órdenes; Discoteca LP 45; as casas rurais Antón Veiras, Casal Dezaoito, Casa da Escola (Trazo), e Casa da Torre Blanca (Santiago); Concello de Ordes, ademais de numerosas perruquerías e ferraxerías, non perderon a ocasión de contribuír coa causa.

Entre os asistentes figuran nomes ben coñecidos do eido cultural, empresarial, comercial, deportivo e social do mesmo municipio e doutras zonas próximas. Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como Elena Vituno e Marcos Calvo, presidenta e  psicólogo da asociación na zona da Coruña, xa teñen confirmada a súa asistencia. 

13 de outubro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.