Todos os concesionarios oficiais da provincia de Ourense participan no 7º Salón do Automóbil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurenseOurense
A-
A+
Presentación do 7º Salón do Automóbil

Presentación do 7º Salón do Automóbil

Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 7º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. Dende o 23 ata o 25 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 30 de outubro e o 1 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. e que este ano conta como novidade co patrocinio de ABANCA.

Estes salóns foron presetnados esta mañá en Expourense nun acto que acolleu ademais a sinatura do convenio de colaboración entre o recinto feiral e ACAUTO e que correu a cargo do director xerente do recinto, Alejandro Rubín, e do presidente da asociación empresarial, Ramón Seijas. Estiveron acompañados polo presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada, polo director de Zona Centro de ABANCA, Alberto Díez, e polo representante de ACAUTO, José Antonio Garza.Está confirmada a participación como expositores nestas citas de todos os concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vintena de empresas que engloban en total 24 marcas de vehículos: Alfa Romeo, Audi, BMW, Citroën, Dacia, DS, Fiat, Ford, Hyundai, Kia, Mazda, Mercedes-Benz, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, SsanYong, Subaru, Toyota, Volkswagen e Volvo. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2016. 

Dende A.C.A.U.T.O. desexan superar as expectativas e a gran acollida que sempre ten este eventoe agarda superar as máis de 15.000 visitas coas que contou na edición pasada. 

O obxectivo é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo  e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu  vehículo.

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra  do vehículo adquirido 

Entre as novidades que ofrecen estas citas nesta sétima edición destaca a presenza durante a fin de semana do Vehículo Novo do Roadshow de Mazda que consistirá nun tráiler que contén varios vehículos desta marca e que os visitantes poderán probar.

No referente o Salón de Ocasión, a principal novidade será que todos os coches presentes neste salón estarán revisados por Applus+ Automotive, empresa de recoñecido prestixio que presta servizos de inspección regulamentaria de vehículos e solucións para ensaios de emisións e gas a nivel mundial, e que fará una exhaustiva revisión dos vehículos expuestos para garantizar a súa total conformidade. 

Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración destes salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas, AVANT incluída. 

O prezo da entrada serán 3 euros para o Salón do Vehiculo Novo e outros 3 euros para o Vehículo de Ocasión. Os menores de 12 anos poderán entrar de xeito gratuíto. O horario de apertura do salón será de 11.00 a 20.00 horas (os venres 23 e 31 de outubro), de 10.00 a 20.00 (os sábados 24 e 31) e de 11.00 a 20.30 (os domingos 25 de outubro e 1 de novembro).

19 de outubro de 2015 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.