The Big T Band e a Xingro´s Big Band comparten esceario en Mos
A agrupación holandesa, tutelada polo mestre D.Teodoro Gerris, The Big T Band, ofrecerá un concerto no Centro Dotacional de Torroso en Mos, mañá sábado 17 de outubro, as 20.00 horas.
Formada o 4 de abril de 1991, e dándolle un novo cambio anos despois nutrido das melodías do jazz, esta simpática agrupación de ventos, integrada por 19 músicos, vive a música de forma libre e apaixoada .
Comparten espazo coa agrupación Xingro´s Big Band, do Conservatorio de Música de Redondela, guiada polo director e compositor José Pérez.
The Big T Band tamén visita Redondela os días 17 e 18 de outubro convidada pola Orquestra de Saxos e pola súa directora Elisa Arias, ofrecendo dous concertos, o primeiro deles será no Centro Dotacional de Torroso en Mos e o segundo no Auditorio do Multiusos de Redondela; ambos celebraranse ás 20 .00 horas e con entrada de balde ata completar aforamento.











