Teatro e un obradoiro de repostería conmemoran o Día da Biblioteca en Mos
A concellería de Cultura que dirixe a edil Sara Cebreiro organiza varias actividades incluídas na programación con motivo do Día Internacional da Biblioteca. Ambas iniciativas corren a cargo da compañía Teatro Calavera, especializada en espectáculos e obradoiros infantís.
Teatro Calavera presenta este sábado, 24 de outubro, de 18.00 horas a 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Mos, con motivo do Día da Biblioteca, unha romántica historia de amor chamada “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”; ademais dun obradoiro de pasta de azucre, durante o que os nenos estimularán a súa creatividade e o seu talento culinario, aprendendo a decorar magdalenas.
Estas actividades son de balde para todos os cativos que queiran participar e requiren inscrición previa ata o 23 de outubro no teléfono da Biblioteca: 986338080.











