Talleres de cociña, de estampado de camisetas e manualidades forman parte da nova programación do Nuby Club
O Centro Comercial Arousa inaugura este fin de semana a programación do Nuby Club con orixinais talleres de cociña, de estampado de camisetas ou dedicados a Halloween nos que poderán participar nenos de 4 a 12 anos. As actividades desenvolveranse todos os sábados, de 16:00 h. a 20:00 h., na Sala de Xogos da 2ª planta.
O sábado 3, os máis pequenos converteranse en auténticos chefs italianos e aprenderán a elaborar deliciosas mini-pizzas, que despois merendarán todos xuntos. Tamén se divertirán cantando simpáticas melodías relacionadas coa arte da cociña e algúns pratos típicos.
O sábado 10, as manualidades serán as protagonistas da tarde. Os nenos confeccionarán pulseiras e llaveros con abelorios e contas de diferentes formas e cores, e bonecos de trapillo, un tecido económico e moi de moda, fácil e rápido de traballar, que ademais de ser sustentable pódese elaborar en casa a base camisetas ou pezas vellas.
O sábado 17, o outono centrará as actividades. Os pequenos crearán graciosos animais, collages, figuras e máscaras con follas ou outros produtos característicos desta estación como castañas, ourizos ou piñas.
O sábado 24, terán a oportunidade de deseñar as súas propias camisetas, personalizándoas eles mesmos con distintos motivos e coa axuda de froitas, verduras e pinturas especiais. Para participar neste taller será imprescindible que cada neno traia de casa a camiseta que customizará durante a actividade.
O sábado 31, coincidindo coa celebración de Halloween, realizarán un fhotocall terrorífico, que adornarán con accesorios vampirescos e monstruosos, no que poderán despois sacarse divertidas fotografías. Ademais, pasaranllo en grande fabricando orixinais pisapapeles de pedra con debuxos fantasmales.











