St Petroni viaxa a Londres da man de Galicia Gourmet Extravaganza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Europa Press

O mellor da gastronomía e os produtos galegos desembarcaron hoxe en Londres da man dunha sorprendente e orixinal iniciativa, Galicia Gourmet Extravaganza, coa que chefs e produtores unen esforzos para conquistar o esixente mercado gourmet británico. E nesta misión na que viaxa o mellor da nosa gastronomía non podía faltar vermú #StPetroni, o único vermú que toma parte nesta misión comercial e gastronómica.

O Hotel Meliá White House de Londres acolle a primeira das xornadas que compoñen Galicia Gourmet Extravaganza, na que se ofrece un menú-degustación denominado Don´t Asume!, composto por sete pratos elaborados polos chef lucenses Santi Almuiña e Diego López que non deixarán a ninguén indiferente. A proposta gastronómica ofrecerase a máis dun centenar de foodies británicos até o domingo aínda que non será o único da gastronomía galega que poderán degustar xa que mañá venres a xornada completarase cunha  exhibición de produtos gourmet na que estará presente o noso vermú elaborado con albariño sobre leas.

Xunto a el, produtos artesanalemente elaborados e procedentes do catro provincias galegas. Queixos, viños, conservas, aceite, … no caso da provincia da Coruña, StPetroni compartirá mesa cos produtos máis novos procedentes de até medio centenar de produtores que toman parte nesta exhibición, entre os que non faltarán os afamados Pementos de Padrón, na que se recolle o mellor da gastronomía gourmet de Galicia cun obxectivo común: visibilizar a excelencia da alta gastronomía feita en Galicia e contribuír á internacionallización destes produtos.  Con esta iniciativa búscase, pois, crear sinerxías que poidan ser de proveito para o futuro. 

A xira mundial, a medio camiño entre misión comercial e cultural, ten a súa primeira parada en Londres, pero non finalizará aquí xa que, polo menos, ten confirmadas xa paradas en Nova York (Hotel Hyatt, marzo 2016), e Tokio (Hotel Hilton, abril 2016).

O embaixador español en Londres, Federico Trillo, clausurará esta primeira parada do tour da alta gastronomía galega o vindeiro domingo, cando a primeira misión de Galicia Gourmet Extravaganza chegará ao seu punto e seguido, preparándose para saltar o charco e sorprender ao público estadounidense.

Vermú St Petroni

St Petroni é o único vermú de albariño sobre leas do mercado. Para o seu proceso de elaboración utilízase a fórmula tradicional, o que o fai 100% natural.  As uvas proveñen das viñas da adega Pazo de Arretén en Padrón (A Coruña), amparada pola denominación de orixe Rías Baixas. 

15 de outubro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.