Sol Vázquez destaca en Lalín o papel das asociacións de praceiros na dinamización dos mercados galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou esta tarde en Lalín o importante papel que desenvolven as asociacións de praceiros na dinamización dos mercados galegos.

Vázquez Abeal participou na apertura da iniciativa “A praza en tapas”, organizada pola Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Lalín e a Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal), que se celebra cada día ata o 31 de outubro no mercado lalinense a partir das 19 horas, e que inclúe a degustación de produtos da praza de abastos e da comarca, en colaboración cos hostaleiros da zona.

O apoio ao sector comercial é un eixo estratéxico da actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten en marcha o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia 2015-2020, no que o traballo conxunto coas asociacións de comerciantes xoga un papel clave.

28 de outubro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.