Sesión de teatro en Bueu coa ‘Bruxa Maruxa’
O próximo domingo, 1 de novembro, a compañía Pinga Teatro, en colaboración co Concello de Bueu, organiza unha sesión de teatro coa obra A bruxa Maruxa. A actividade desenvolverase no Centro Social a partir das 18 horas e ten un custe de 3,50 euros.
A obra conta a historia dunha bruxa moi poderosa que invadirá a nosa cidade, e con moitas artimañas permanecerá. A auga e os tronos e tamén os raios son a súa especialidade para buscar desastres a todos os habitantes, ata que un día, todo cambiará.











