Sesión de teatro en Bueu coa ‘Bordadora de soños’ no Centro Social do Mar
Este domingo 25 de outubro, ás 20.30 horas, a Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas organiza unha sesión de teatro no Centro Social do Mar coa obra “Bordadora de soños”, que se presenta como “un texto construído a partir de mulleres lorquianas, de María Soliña, de mulleres que aman, mulleres nais, fillas, mártires, mulleres marcadas polo estigma dunha paixón aniquiladora, de amor frustrado e de morte”. A obra fala de mulleres que loitan pola liberdade e que a coñecen, mesmo a conta dun amor frustrado.
A actividade, dirixida por Silda Alfaro, ten un custe de 3 euros, e entre os intérpretes atopamos a Anabel Budiño, Rosa E. Gantes, Vanesa González Graña, María Ferro, Noelia Barreiro Freire, Ana Pérez, Mar Taboada, Iria de Pazos Bugarín, Bárbara Barcia, María Xosé Lagoa Cordeiro, Paula Kosta, Carmen Ramilo Fontán, Lolo Portela, Merche Vidal, Ángeles Menduiña e Dani Comesaña.











