Seminarios e concurso de fotografía natureza e literatura galega en Ourense
Veñen de presentarse no salón de plenos do Concello de Ourense os Seminarios Natureza e Literatura Galega, organizados pola Asociación Medioambiental e Universitaria SYME. O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ourense, José Araújo, agradeceu o labor divulgativo das xornadas, que terán lugar o 31 de outubro, 6 e 7 de novembro [consultar programa]. Noelia Gómez Villar, presidenta de Syme, aproveitou tamén para convocar o III Concurso Natureza e Literatura Galega, ao que se poderán presentar traballos até o 16 de novembro.











