Semana de duro traballo do Santiago Futsal co enfrontamento ante un ‘directo’ o sábado
A vitoria do pasado venres ante CD UMA Antequera (4-1) serviulle ao Santiago Futsal para asentarse, esta semana, na 10ª posición da táboa con 6 puntos no seu contador. Desta maneira, os celestes atópanse a só dous puntos do oitavo clasificado, posto que limita a clasificación para Copa de España, primeiro obxectivo do conxunto santiagués esta tempada.
O persoal incorporouse esta mañá ao traballo pensando xa no seu rival do sábado, Aspil Vidal Ribeira Navarra, sexto clasificado e rival directo pola loita das 8 primeiras prazas. O encontro disputarase en Tudela o sábado ás 18.30h.
A expedición celeste exercitarase esta semana en dobres sesións e o venres pola mañá desprazarase a Navarra, onde está previsto que cheguen pola noite.
Plan de traballo semanal
Luns 26 de Outubro
9.30h- Multiusos- Forza Compensatoria + Estratexia
17h- Multiusos- Táctico
Martes 27 de Outubro
17h- Multiusos- Táctico
Mércores 28 de Outubro
9.30h- Multiusos- Forza rápida + Tranfs.
17h- Táctico
Xoves 29 de Outubro
17h- Táctico
Venres 30 de Outubro
9.30h- Táctico
12h- Saída dirección Tudela
Sábado 31 de Outubro
18.30h- Polideportivo de Tudela- 8ª Xornada de Liga
Aspil Vidal Ribeira Navarra vs Santiago Futsal











