Saque de honra de Ainhoa Ramos no encontro Ordes – Verín

Saque de honra
Ainhoa Ramos Manteiga, a recentemente proclamada campioa nacional júnior de taekwondo, foi a encargada de realizar este pasado domingo o saque de honor no encontro que disputaron a S.D. Club Ordes e o Verín. Un xesto co que o club quixo recoñecer publicamente a gran fazaña realizada pola que xa é un referente no ámbito deportivo do municipio. Amais, tamén se lle fixo entrega dunha camiseta oficial asinada por todos os integrantes do cadro de xogadores, directiva e corpo técnico. Ao final do partido o marcador do campo de Vista Alegre amosou empate a 1.











