Santiago Villanueva confirma que non están identificados os autores do tiroteo de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, confirmou este mércores que “non están identificados” os autores do tiroteo rexistrado hai unha semana na VG-20 de Vigo, e que as forzas de seguridade manteñen “aberta” a investigación en torno a ese suceso e outros incidentes resultado do enfrontamento entre feirantes de etnia xitana.

En declaracións aos medios á saída dun acto en Vigo, o delegado indicou que as pescudas de Garda Civil e Policía Nacional continúan para dar cos responsables do tiroteo, e que se están a analizar probas e tomando declaracións. Así mesmo, expresou a súa esperanza de que a investigación conclúa con detencións.

Sobre as suspensións dalgúns mercados (como en Vigo ou Cangas), Santiago Villanueva recordou que a regulación destas feiras é unha competencia municipal, pero precisou que a Delegación establecerá as medidas de seguridade necesarias, con presenza de Garda Civil e Policía, para “garantir a seguridade”, tanto dos vendedores coma dos cidadáns nos mercados que si se celebren.

28 de outubro de 2015 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.