Samaín en Castrelo do Miño
Este venres 30 de outubro, ás 18.00 h. terá lugar a celebración do Samaín en Castrelo de Miño. O festexo, que se celebrará no albergue municipal, contará con obradoiro de decoración de cabazas, taller de maquillaxe, contacontos terrorífico, túnel do terror e moitas máis sorpresas.
Para que o ambiente sexa máis terrorífico, dende a organización convidan a que os asistentes veñan disfrazados e porten a súa propia cabaza.