Rosario Porto rompe a chorar cando o fiscal lle mostra a foto do cadáver de Asunta

Rosario Porto durante a declaración
O interrogatorio ao que o fiscal somete a Rosario Porto esténdese durante unhas cinco horas -cun receso de 30 minutos- e o cansazo sumado ás imaxes que se lle están a exhibir a acusada, incluída a do cadáver da súa filla Asunta, provocou que a imputada rompera a chorar, tras estar compunxida e chorosa durante toda a xornada.
Ademais, Porto mostrouse desconforme co representante do Ministerio Fiscal, ao que preguntou se ten fillos para tratar de facelo entender como se sentiu ela nos momentos posteriores ao achado do cadáver, e chegou a levantar a voz en varias ocasións, tras o que pediu desculpas ás “súas señorías”.
En concreto, na análise das distintas fotografías das cordas por parte dos membros do xurado, a acusada sinalou que “compañeiras presas” do cárcere de Teixeiro na que se atopa dende hai dous anos e que “veñen do rural” lle indicaron que “Galicia está chea de cordas como esta”.











