Rosario Porto repite durante o xuízo: “Non matei a miña filla, non matei a miña filla”
Rosario Porto repetiu en varias ocasións, á pregunta que lle formulou o seu avogado, José Luis Gutiérrez Aranguren, que ela “non” matou a súa filla Asunta, motivo polo que o fiscal lle imputa asasinato xunto ao seu exmarido e lle pide 18 anos de cárcere.
“Non matei a miña filla”, dixo nunha primeira ocasión, para, a continuación, reiteralo mirando aos nove membros do xurado. “Non matei a miña filla, non, non matei a miña filla”, insistiu, visiblemente cansa e afectada despois de toda a xornada de declaración.
Pola mañá interrogoulle o fiscal, durante máis de cinco horas, e pola tarde xa lle trasladaron as súas preguntas a acusación popular e a defensa do seu exesposo, Alfonso Basterra.











