Rosario Porto asegura que Asunta presentaba rinitis alérxicas estacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A nai de Asunta Basterra, Rosario Porto, afirmou que “a nena presentaba rinitis alérxicas”, durante o interrogatorio ao que lle somete en primeiro lugar o fiscal do caso que xulga a morte da menor, da que están acusados tanto ela como o seu pai Alfonso. O Ministerio Fiscal preguntou pola saúde de Asunta á acusada, que, sentada fronte ao tribunal, de rigoroso negro, está a responder a todas as cuestións e con profusidade, a pesar de quebrárselle a voz con frecuencia, especialmente ao mencionar o nome da menor.

No momento no que falaban sobre a súa saúde, cando o fiscal ía cambiar de tema, Porto introduciu este: “O que non lle dixen (…) é que a nena presentaba rinitis alérxicas estacionais”, apuntou, antes de concretar que na “primavera verán de 2013” estivo “bastante cargada”.

1 de outubro de 2015 | 11:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.