publicidade hoxe

Ribadumia acollerá unha charla dirixida a pais e nais sobre nutrición infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Os Servizos Sociais do Concello de Ribadumia organizan para o vindeiro 5 de novembro unha charla sobre nutrición infantil dirixida principalmente a nais e pais.  

A finalidade desta sesión é asesorar aos pais e nais sobre cómo elaborar unha dieta máis equilibrada para os seus fillos e fillas na súa alimentación diaria. Entre os temas que se tratarán figura a relación entre alimentación e saúde futura, a obesidade infantil, os principais erros na alimentación dos nenos, cómo conseguir que coman san (etc.).

A sesión correrá a cargo da recoñecida nutricionista Lidia Folgar, dietista-nutricionista con consulta propia especializada en nutrición deportiva e nutrición pediátrica.  No seu currículo, ademais de toda a formación recibida en nutrición infantil,  tamén destaca o seu paso polo concurso de cociña “MasterChef”, onde se fixo coñecida polos seus pratos sans e variados.

O vindeiro xoves 5 de novembro , a recoñecida nutricionista achegarase ata Ribadumia para impartir unha charla sobre nutrición infantil e a sesión desenvolverase a partir das 19:00 horas no Centro Social de Barrantes. A asistencia é gratuíta.

Os interesados en acudir xa poden apuntarse nos Servizos Sociais do Concello de Ribadumia ou nos teléfonos 986718491 ou 986718499.

27 de outubro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.