Ribadumia acollerá un “Taller de Prevención de Riscos Laborais en Explotacións Vitivinícolas”
O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro mércores 11 de novembro no Centro Social de Barrantes un “Taller de Prevención de Riscos Laborais en Explotacións Vitivinícolas”.
O curso, organizado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible e en colaboración co Concello de Ribadumia terá unha duración de catro horas (10:00 a 14:00 horas).
O obxectivo do taller é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector vitivinícola en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais nestes sectores.