publicidade hoxe

Ribadumia acollerá un concerto de violín para recadar fondos para a Asociación Galicia AME

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro domingo 25 de outubro no Auditorio Municipal de Ribadumia un concerto benéfico de violín destinado a recadar fondos para a Asociación Galicia AME (Asociación Contra a Atrofia Muscular Espinal).

O concerto, organizado pola Asociación Demos da Petaca de Ribadumia, ten por obxectivo recadar fondos para a investigación do AME, enfermidade que produce unha perda progresiva na forza muscular. Os fondos irán destinados á Asociación GaliciaAME, a primeira asociación que naceu para investigar esta enfermidade.

O concerto correrá a cargo de Antonio Seijo, recoñecido violinista natural de Avilés coñecido polo súa longa traxectoria musical e docente en toda Galicia.

As entradas xa están á venda no Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00 horas.  O custo das mesmas é de 3 € e está destinado a  recadar fondos para a investigación do AME.  

19 de outubro de 2015 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.