Reunión de adestradores nacionais do sector de lanzamentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Durante o fin de semana do 7 ao 8 de novembro, a Federación Nacional convoca aos principais adestradores nacionais do sector de lanzamentos, a unha reunirán en Castelló na que se tratará o presente e futuro do catro disciplinas de lanzamentos: peso, disco, xavelina e martelo.

O responsable do sector, o medallista olímpico Manuel Martínez, vai chamar a un total de 29 adestradores, entre os que se atopa o pontevedrés Santiago Ferrer Moreira, que unha vez máis volve contar para os responsables federativos.

Santi Ferrer leva anos demostrando o seu gran labor no atletismo nacional, ao ser en numerosas ocasións responsable das concentracións de menores que organiza cada ano conxuntamente a RFEA e o CSD; sendo ademais un adestrador polifacético, tendo baixo o seu paraugas a atletas con éxitos deportivos, como os atletas da Sociedade Ximnástica, Víctor Galego, medallista nos nacionais de lanzamentos longo ou Dario Costas, recentemente Campión de España Júnior de Decathlon.

Joselyn Brea, bateu o record venezolano de 10 km. en ruta

A atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Joselyn Brea, continúa dándonos alegrías. Afincada en España e en Ponteveddra, desde fai tan só uns meses, está a desenvolver o seu principal deporte, o Triatlon, ás ordes de Omar González; fichando hai pouco pola Sociedade Ximnástica.

Se o pasado mes de setembro deunos unha alegría ao proclamarse Campioa do Mundo Sub23 de Acuatlon, na última competición do circuíto mundial que se celebrou en Chicago; non nos deixou descansar e en Caracas, onde pasou uns días visitando aos seus familiares, venceu na carreira de 10 km. en ruta na XIV edición da Gatorade Caracas Rock, batendo de paso o record venezolano da distancia con 34 minutos e 20 segundos e enfrontándose a durísimas rivais, xa que esta proba é unha das máis recoñecidas a nivel nacional polas especialistas do fondo venezolano.

20 de outubro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.