Resultados das categorías base do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O filial Santiago Futsal B cultivou a primeira derrota da tempada en casa do líder da categoría Ribeira FS. A primeira parte do encontro foi moi igualada, sen ocasións claras para ningún dos dous conxuntos. Xa na segunda, os locais adiantaríanse nunha xogada de estratexia. A raíz do 1-0 os de Lugo deron un paso adiante no encontro, conseguindo aumentar a vantaxe no marcador ata o 5-0 final. A próxima xornada, os celestes reciben á  Estrada FS na 5ª xornada de Liga ás 17h en Santa Isabel.

En categoría Xuvenil de División de Honra, o Santiago Futsal acadou unha vitoria en Narón tras darlle a volta ao marcador co 5-2 e finalizar 6-7. Namentres oconxunto SD A Gaiola FS non puido superar a Leis Pontevedra a domicilio (8-2).

Pola súa banda, en liga provincial feminino, as xogadoras do Santiago Futsal A Gaiola enfrontáronse ao Concello de Ponteceso FS, partido que concluíu co resultado de 1-5. A primeira parte foi de maior dominio local, cunha gran defensa que cortaba unha tras outra as saídas de balón do rival pero nun desaxuste defensivo, o rival logrou adiantarse no marcador case sobre a bucina do descanso. O gol afectou o ánimo e á concentración do SFAG, que na 2ª parte saíu á pista con menos intensidade defensiva e buscando un xogo máis directo, o que provocaba perdas de balón que o Ponteceso soubo aproveitar para ampliar considerablemente a súa vantaxe. Tras un tempo morto local nos últimos minutos, o equipo recuperou o seu estilo, volveu a intensidade defensiva e as ocasións claras, pero xa sen tempo para achegarse no marcador, máis aló do gol marcado por Ronsel.

Resultados categorías base

TER.DIVI.NAC
Ribeira FS 5-0 Santiago Futsal

JUV.DIV.HON
Cidade de Narón 6-7 Santiago Futsal
Leis Pontevedra 8-2 SD A Gaiola FS

CAD.AUT
Futsal 10-3 Cidade de Narón

INF.AUT
Santiago Futsal 3-2 Aut.Pombo Hércules

ALEV.B
O Pino 2-5 Alevín B

PB1
O Pino 0-4 Santiago Futsal

PROV.FEMN
Santiago Futsal A Gaiola 1-5 Concello de Ponteceso

26 de outubro de 2015 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.