Resultados categorías base do Santiago Futsal
O filial celeste visitaba a pista doutro dos filiais da Terceira División no seu debut ligueiro, o Burela FS B. Nunha primeira parte na que ambos os conxuntos mostraron moito respecto sobre a pista, foi o filial laranxa o que dominou o balón pero sen ocasións de perigo. Deste xeito chegaríase ao descanso co resultado inicial de 0-0.
Xa na segunda parte, os de Santiago deron un paso adiante con ocasións de perigo e lograron poñerse por diante no marcador co gol de Ricardo nunha boa acción colectiva. A partir aí, sucederíanse as ocasións celestes para poder aumentar a vantaxe, pero a falta dun minuto para a conclusión do partido, Burela FS B lograría empatar o encontro con porteiro xogador.
O técnico David Rial explicou “Podemos facer unha valoración positiva do partido. Competimos a un bo nivel, pero non podemos deixar que se nos escapen puntos por estes pequenos detalles”.
No derbi de División de Honra Xuvenil, un encontro apaixonante no que se mediron os dous conxuntos do Santiago Futsal, o resultado final foi de 5-0.
Por outra banda, o equipo feminino Santiago Futsal A Gaiola acadou a primeira vitoria en Liga Provincial na súa estrea en Vila de Cruces ante o FSF Cruces por 1-5. Mediada a primeira parte o conxunto visitante logrou abrir o marcador con gol de Fátima, o 1º dos 3 que marcaría no encontro. Sen tempo para a reacción do equipo local, chegou o 2º, tamén da pivote celeste e con el os minutos de descanso. Na 2ª parte o Cruces aumentou a súa intensidade e saíu a por o partido, contando cuns primeiros minutos de dominio e ocasións, que a porteira celeste Chus desbarataba sen complicacións. Pero nun descoido na marca, o Cruces conseguí marcar e reducir distancias no marcador. O Santiago variou a súa formulación, logrou recuperar o balón e marcar o 3er gol, tamén de Fátima, que devolvía a tranquilidade. Estela aproveitou outra ocasión para poñer o 1-4 no marcador. O Santiago non se conformou e mantivo o nivel ata o final, pechando Vero o marcador cun gol case sobre a bucina.
RESULTADOS
TER.DIV.
Burela FS B 1-1 Santiago Futsal
JUV.DIV.HON.
Santiago Futsal 5-0 Santiago Futsal A Gaiola
CAD.AUT
Colexio Liceo 1-1 Santiago Futsal
INF.AUT
Colexio Liceo 3-3 Santiago Futsal
CAD.LOC
Santiago Futsal 1-3 Meigas FC
INF.LOC
Santiago Futsal 1-8 5 Coruña FS
Santiago Futsal B 8-1 Santiago Futsal C
PREBENJ.2
Santiago Futsal 1-3 5 Coruña FS
PREBEN.1
Santiago Futsal 5 0-7 Coruña FS
PROV.FEM
Cruces FSF 1-5 Santiago Futsal A Gaiola
LOC.FEM
Santiago Futsal A Gaiola 0-0 Milladoiro











