Rescatan ao condutor dun turismo envorcado en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínSucesos
A-
A+
Europa Press

Efectivos dos Bombeiros do Deza rescataron este xoves ao condutor dun turismo que quedou atrapado tras sairse da vía e envorcar no termo municipal de Lalín (Pontevedra). Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 7,00 horas deste xoves na estrada PO-402 ao seu paso polo lugar da Xesta, en Lalín.

Outros condutores intentaron sacar ao atrapado do turismo, pero as portas estaban bloqueadas, polo que solicitaron axuda ao persoal do CAE 112 Galicia. O Centro de Atención ás Emerxencias avisou efectivos do parque de bombeiros comarcal e a membros do GES de Lalín que, finalmente, liberaron o ferido.

Ademais, unha patrulla da Guardia Civil de Tráfico trasladouse ao lugar do accidente, así como un equipo do servizo de limpeza e mantemento da Consellería do Territorio, que se encargou de retirar os restos do sinistro.

8 de outubro de 2015 | 10:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.