Representantes da marca Pescaderías reúnese co sector hostaleiro de Bueu
O Concello de Bueu segue cos seus compromisos co produto local e de marca buenense. Tras o foro de participación do pasado mércores entre os técnicos do GAC 6 Ría de Pontevedra e as asociacións buenenses, hoxe ás 18 horas representantes da marca ‘Pescaderías ¿de onde se non?’ reuniranse cos hostaleiros e hostaleiras locais. Na xuntanza explicarase a natureza, funcionamento e beneficios da marca, así como o seu uso correcto no sector da hostalaría.
Así mesmo, esta reunión tamén servirá para expoñer en que consiste o compromiso de adhesión como punto de venda de produto certificado. O Departamento de Promoción Económica enviou convocatoria a todos os hostaleiros buenenses, os que tamén poderán expoñer as súas dúbidas.











