publicidade hoxe

Recompilación de aportacións para o proxecto de “Os Vilares, lareira de soños”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O vindeiro domingo, 25 de outubro, ás 4 da tarde, na Casa Habanera dos Vilares, terá lugar un encontro entre moitos dos entrevistados para o libro do proxecto multidisciplinar OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS,  e a autora do mesmo, Pastora Veres. Cada un dos participantes terá copia das súas aportacións á publicación e poderán correxir, aportar, modificar contidos. Poderán tamén intercambiar opinións con outras das persoas participantes e definir así contidos nesta recta final do libro e o documental.

Este encontro responde, en palabras da súa autora a un traballo cooperativo, no que todos e todas aportan nunha ou outra medida e no que participan ate o último momento como protagonistas vivos da historia da parroquia e da súa construción nunha experiencia novidosa.

Algúns dos protagonistas non poderán asistir, ben por ter finado antes ou por motivos de saúde, pero aqueles que se ausenten serán visitados personalmente eles ou as súas familias para ultimar as súas aportacións.

20 de outubro de 2015 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.