Reábrense ao público os parques de Rosalía de Castro e A Milagrosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo informa de que na mañá deste martes se abriron ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, tras permanecer pechados na xornada de onte e durante a pasada noite como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela por choiva e vento decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. A melloría das condicións meteorolóxicas fixo posible a apertura das devanditas zonas.

6 de outubro de 2015 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.