Rafael Cuíña asiste á reunión do Eixo Altántico en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Rafael Cuíña na reunión en Vigo

Rafael Cuíña na reunión en Vigo

O alcalde de Lalín participou en Vigo nunha reunión do Eixo Atlántico na que se deu a coñecer a nova convocatoria de axudas para desenvolver actuacións no eido urbano como as que se financiaban no marco do plan URBAN. Neste caso o programa, aberto só a concellos do estado español, é máis ampla porque caben diferentes tipoloxías de actuacións que permitirán desenvolver iniciativas económicas, ambientais, climáticas, demográficas e sociais. O Programa urbano para o desenvolvemento de actuacións integradas de Desarrollo Urbano Sostenible foi explicado polo subdirector xeral de Fondos do Ministerio de Facenda, Fernando Fernández Melle.

O alcalde de Lalín explica que o Concello está a analizar as diferentes posibilidades de captar fondos europeos para poder levar a cabo distintas iniciativas que permitan definir un novo modelo urbano para Lalín e que, ao mesmo tempo, sirvan para dinamizar económica e socialmente o municipio. Rafael Cuíña tamén chama a atención sobre o feito de que este tipo de iniciativas tamén fan moi necesario o mantemento da categoría de máis de 20 mil habitantes, xa que o acceso a este tipo de axudas é moito máis sinxelo e beneficioso para os concellos que estean por riba deste límite de poboación.

7 de outubro de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.