Que traballo tan curioso! represéntase en Pontevedra
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) representará mañá ás 18:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra (Rúa de Paio Gómez Chariño, 6) a obra “Que traballo tan curioso!”, guión e idea orixinal de Luisa Martínez Lorenzo, responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia, e que contou co asesoramento científico de Marta López Cabo, científica do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC). A entrada é libre até completar aforamento.











