publicidade hoxe

Publícanse as bases para a licitación de postos no Mercado Municipal do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) dou conta o pasado venres do proceso de licitación de casetas e bancadas vacantes no Mercado Municipal. Trátase de adxudicacións en réxime de concesión por períodos de dez anos prorrogables ata 50, sendo o único criterio de adxudicación o prezo á alza. Deste xeito, aquelas persoas interesadas en concorrer para obter un destes postos poderán solicitar a documentación nas dependencias municipais (edificio administrativo) e deberán facer unha “puxa” sobre os mesmos que parte duns mínimos de 125 euros por metro cadrado no caso do posto fixo ou caseta e de 250 euros por bancada.

Dun xeito máis concreto trátase dunha caseta destinada a calquera actividade compatible co mercado de abasto agás venda de pescados e mariscos e outras tres destinadas á venda de carnes, peixes, mariscos ou actividades compatibles. Ademais destes postos pechados, tamén se poñen a disposición 11 bancadas, tres delas destinadas especificamente a venda de verduras e catro á venda de peixe, quedando as outras catro dispoñibles para calquera outra actividade compatible.

Melloras no Mercado

A publicación destas bases resposta a propia solicitude das vendedoras e vendedores do Mercado que inciden en que a dinamización do mesmo pasa pola total ocupación dos postos ó tempo que será necesario diversificar a oferta. Ademais da licitación dos postos, tamén serán acometidas outras melloras e hoxe luns comezarán as obras de reforma eléctrica que, entre outras cousas, suporá a instalación de alumeado “led”, tamén se rematarán os peches das bancadas que estaban pendentes. Nas próxima semanas, ademais, organizaranse cursos de formación para os vendedores e vendedoras. 

19 de outubro de 2015 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.