publicidade hoxe

Preséntase en Ribadumia o primeiro xardín con realidade aumentada no Pazo Quinteiro da Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadumia
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asistiu esta mañá no pazo Quinteiro da Cruz á presentación do proxecto de creación do primeiro xardín con realidade aumentada.

O responsable do pazo, Pedro Piñeiro, destacou que se trata do primeiro xardín de Europa en contar con esta realidade aumentada. “Estamos a falar dun proxecto innovador, diferente e moi interesante”, engadiu.

En total, instaláronse 36 paneis tridimensionais para que os visitantes do xardín poidan disfrutar de todas as variedades de camelias coas que conta este pazo “aínda que non esteamos na época do ano no que se atopan no seu máximo explendor”.

Ademais, nestes puntos tamén se pode coñecer, de xeito tridimensional, cómo florecen os árbores das camelias e toda a información necesaria sobre as especies e variedades que se atopan neste xardín.

O pazo Quinteiro da Cruz conta con máis de 50 especies e 2.000 variedades de camelias, xa que é unha das plantacións máis importantes de camelias de Europa, que data do século XVIII e con 7 hectáreas nas que, ademais desta árbore, tamén se atopan carballos, pinos mansos e buxos de máis de cen anos, así como un xardín botánico e unha plantación de viño albariño destinada a adega coa que conta Quinteiro da Cruz.

A colección de camelias é unha das maiores do continente, contando con variedades de Vietnam, Xapón, China, Nova Zelanda, Sudáfrica, Estados Unidos ou Portugal, entre outras. Trátase dunha finca visitable de grande interese botánico e ornamental que en 2014 recibiu en Madrid o primeiro premio ao Real Xardín Botánico de España.

30 de outubro de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.