publicidade hoxe

Preséntase a IV Ruta de Tapas de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
Presentación da Ruta de Tapas

Presentación da Ruta de Tapas

Este mércores 28 de outubro presentouse a IV edición da Ruta de Tapas de Boqueixón na Cervexería O Vikingo de Lestedo, gañador do Concurso de Tapas da Ruta da edición anterior.

 A Ruta supón unha acción de promoción económica, de desenvolvemento local na que os hostaleiros tratan de darse a coñecer eles e a mellor versión da súa cociña.  

De feito, non pode un visitar unha zona e coñecela senón coñece a súa gastronomía ou neste caso, as súas tapas. Pequenos bocados gourmet nos que degustas os produtos locais e o saber facer dos cociñeiros.

Participan 12 locais de Boqueixón no proxecto: Café- Bar O Rincón de Tania, Café Bar O Nervioso, A Taberna d´San Benito, Restaurante O Balado, Café Bar  Latino, Café Bar A Barreira, Taberna  Záramo, Casa de Xantar Casa Castro,  Restaurante Vente Vindo, Café Bar O´26, Café Bar O Rincón de Pepe e Cervexería O Vikingo; cun total de 14 tapas diferentes, prevese que nestes 8 días de festa se servirán 2.400 tapas.

Celébrarase durante do 1 ó 8 de novembro e en horario de mañán e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h. Cun reducido custo de 1,5 euros por tapa. 

A ruta atravesa un bo momento de auxe, desenvolvemento e proxección a clientes de fora do noso municipio, pero na IV edición, o reto para os nosos hosteleiros non é manterse senón superar o nivel marcado coas tapas de anos anteriores e coas tapas de concellos veciños, coas que rivalizan en calidade e presentación. 

Esta ruta de tapas é unha exaltación dos produtos da zona: queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla), carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc que estarán presentes nunhas tapas elaboradas mirando cara unha cociña máis innovadora que aposta por novas presentacións e formatos máis vangardistas, sempre utilizando produtos de tempada. 

Celebrarase, como ven sendo costume, o Concurso á mellor tapa de Boqueixón 2015,  coa finalidade de que o concurso e o proceso sexa o máis obxectivo e transparente posible, o xurado será popular, deste xeito, cando un participante deguste todas as tapas cubrindo a súa tarxeta con todos os selos dos establecementos, debe indicar na mesma tarxeta  cal considera que é a mellor tapa da ruta. A Continuación, cos datos persoais cubertos introdúcese nas urnas dispostas nos establecementos hosteleiros. Ó remate das 8 xornadas gastronómicas, o establecemento gañador obterá o recoñecemento á “Mellor Tapa de Boqueixón 2015”, contemplándose tamén o segundo e terceiro máis votado como 2º e 3º clasificado.

De entre todas as tarxetas dos participantes recollidas das urnas, sortearase un vale por 120€ para canxear por unha comida/cea nun dos establecementos  hosteleiros de Boqueixón.

28 de outubro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.