Presentacións, mostras, contacontos e moitos libros para conmemorar o Día das Bibliotecas en Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Co gallo do Día das Bibliotecas, que terá lugar o vindeiro sábado 24 de outubro, a biblioteca municipal de Ordes vén de dar a coñecer o seu programa de actividades conmemorativas.

Así o xoves, 22 de outubro, ás 20 horas terá lugar a presentación do obra de José Jacobo Ríos ‘El inmenso mar de los olvidados’. Un acto que terá lugar no mesmo centro e que contará coa presenza do mesmo autor, natural de Ordes, que asinará exemplares e manterá un encontro con todas e todos aqueles interesados pola súa obra e actividade dentro do colectivo literario e artística coruñés ‘In Nave Cívitas’.

Por outra banda o vindeiro venres, 23 de outubro, abrirase ao público a mostra de obras cedidas polo Ministerio de Cultura con motivo da concesión do último premio María Moliner á biblioteca de Ordes. Unha ampla colección que supera o centenar de referencias, a cal abrangue libros destinados a todo tipo de públicos. David Trueba, Fernando Pessoa, Javier Marías, Clara Sánchez, Murasaki Shikhibu, ou as editoriais Edelvives, Libros del zorro rojo, Kókinos ou Tatanka, son unha pequena mostra dos autores e editoriais cuxas obras pasarán a engrosar as estanterías da biblioteca.  Ademais este mesmo día ás 18 horas ofrecerase o contaconto ‘O soño do rato’. Unha actividade dirixida especialmente para nenos e nenas a partir dos 3 anos.

16 de outubro de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.