Porto: “Acábanme de dicir que a miña filla pode ser ese cadáver, para que me vou fixar en ningunha papeleira”
Rosario Porto exclamou, ante as preguntas do fiscal sobre se se fixou nunha papeleira na súa casa de Teo (A Coruña) unha vez que acudiu a esta acompañada da Garda Civil, que lle “acababan de dicir” que a súa filla Asunta podía “ser ese cadáver” que acharan nunha pista forestal. “¿Para que me vou fixar en ningunha papeleira?”, proclamou.
O fiscal retomou o interrogatorio pouco antes das 14,00 horas despois dun receso, e as preguntas céntranse no acontecido dende o momento no que Porto e o seu exmarido Alfonso Basterra, segundo a versión dos acusados, foron conscientes de que faltaba a súa filla.
“¿Que fai unha máscara marca na súa casa?”, inquiriulle o representante do Ministerio Fiscal a unha Porto visiblemente fatigada e algo máis confusa nas súas respostas, mentres na sala se exhibían fotografías que forman parte da causa, entre elas unha da mencionada papeleira e outra da corda.
“Eu sempre que facía o cambio de roupa (..) poñíame unha máscara”, argumentou nun momento. “Non teño ningunha explicación para esa corda”, sinalou a continuación, facendo referencia á posibilidade de que a menor xogase con ela.











