Policía Local e Bombeiros participarán nunha xornada de sensibilización de accidentes no CEIP Someso
Unha dotación da Policía Local e outra de bombeiros participarán mañá, 29 de outubro, desde as 10.30 horas, nunha xornada no CEIP Someso co obxectivo de sensibilizar á comunidade educativa para diminuír os accidentes. Entre as actividades da mañá, organizadas coa colaboración do Concello da Coruña, a Cruz Vermella e Stop Accidentes, haberá un simulacro de accidente de tráfico no que os servizos de emerxencia desenvolverán un escenario o máis real posible: o equipo de Bombeiros excarcerará as persoas atrapadas e controlará o posible incendio; a Cruz Vermella avaliará o estado de saúde das vítimas, aplicación de RCP e traslado cara aos centros de saúde; e a Policía Local tomará os datos, fará control de alcoholemia e, no caso dunha suposta detención, poñerá a disposición xudicial as persoas responsables do accidente.
O alumnado e o profesorado do CEIP Someso tamén participará nun simulacro de evacuación por lume no mesmo centro co obxectivo de trasladar as pautas de resposta ante unha situación de emerxencia. Finalmente, a xornada completarase cunha charla na que participarán representantes dos distintos servizos xunto á plataforma Stop Accidentes, que narrarán ao alumnado as súas experiencias nos accidentes de tráfico.












Acabo de ver unas imágenes del simulacro en la TVG, donde los bomberos en la excarcelación de un vehículo, extraen a un herido sin ninguna medida de seguridad para el mismo, tal como inmovilización, como uso de camilla rígida o ciertas medidas que se suelen tomar en estos casos.
http://www.crtvg.es/informativos/alumnos-dun-instituto-da-coruna-participan-nun-simulacro-de-accidente-1541665