publicidade hoxe

Poio pon unha bolsa na túa vida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+
Alumnado do curso de memoria coas bolsas

Alumnado do curso de memoria coas bolsas

Hai uns dias entrevistaban na prensa  a Ángela Paz presidenta de ASSEII ( Asociación Socio Sanitaria  Educativa Inflamatoria intestinal) comentaba que a discapacidade que padecen  é invisible  e que de aí nace a incomprensión  de todo o mundo.  Queren ter visibilidade  e concienciar de que o que teñen é moi normal e que todos podemos pasar polo mesmo tarde ou temprano.

Neste mes de outubro  púxose en marcha  a campaña “PON UNHA BOLSA NA TÚA VIDA” ( a nivel nacional) e moitas persoas estan  a subir ás súas fotos e videos colocando unha bolsa na súa tripa. Sacar á luz ás persoas portadoras dunha ostomia é o obxectivo.

A través das concellarias de educación e benestra social do concello de Poio, alumnado de terceira idade dos cursos de memoria da Seca e da Casa Rosada estiveron a elaborar un mural  que xa leva dias colgado na entrada do centro social e por suposto cada un deles diseñou a súa bolsa e non dubidaron de posar con elas… quedaron impresionados ó coñecer a cifra de 1200 pacientes que existen na comarca de Pontevedra e de feito moitos tiñan algún coñecido que vivía grazas a unha bolsa.

27 de outubro de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.