Pescamar doará 36 quilos de conservas para o Banco de Alimentos de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSantiago de Compostela
A-
A+

Continuando a súa aposta pola conciencia social na provincia da súa sede, Pescamar doará a unha institución solidaria en quilos de conserva a valoración alcanzada polo xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Adam Waczynski. Neste caso, a entidade elixida é o Banco de Alimentos de Pontevedra.

O beirado polaco proclamouse xogador da xornada 3 de Liga Endesa conseguindo os seus mellores números obradoiristas fronte ao CAI Zaragoza: 30 puntos, dos cales 18 proveñen de triplos (6/7 en anotación), 8 rebotes e 1 asistencia, sumando 36 de valoración.  Un partido inmaculado que o propio xogador deu en definir como “probablemente, o mellor da miña vida”, aínda que outorga todo o mérito a “afección e compañeiros, os primeiros por darnos alento cada minuto, e os segundos porque calquera deles podería estar no meu lugar”.

Tamén se mostra “orgulloso de colaborar con esta bonita causa de Pescamar. O baloncesto é un deporte solidario e que transcende ao que ocorre na cancha, e isto é unha proba máis de iso”. Waczynski, ademais, xa coñecía a acción do patrocinador do club, ao contribuír con dúas actuacións na pasada campaña, unha como MVP da xornada 32 e outra como membro do quinteto ideal na 28. 

27 de outubro de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.