Pedro Sánchez pide á Xunta que acepte a petición da familia de Andrea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pediu á Xunta que “acepte” a petición dos pais da nena de 12 anos cunha enfermidade dexenerativa e para a que os seus proxenitores reclaman a petición da Lei de morte digna aprobada polo Parlamento de Galicia.

Sánchez, nunha entrevista na Cadena Ser, afirmou este xoves que está disposto a abrir o debate social e político sobre a eutanasia na próxima lexislatura e, “se hai consenso e maioría parlamentaria” para iso, a aprobar unha lei que a regule. En todo caso, dixo que o caso da nena galega enmárcase na “morte digna”, regulada xa pola Cámara autonómica.

O líder socialista avanzou que ten intención de regular a morte digna no ámbito estatal, como xa están a facer os socialistas onde gobernan. E ademais diso, está disposto a abrir o debate sobre a eutanasia e, se hai consenso, regulala.

SOBRE O CASO DE ANDREA

Sánchez incidiu en que o caso de Andrea non ten nada que ver coa eutanasia, senón coa morte digna, e lembrou que Galicia xa ten unha lei neste ámbito.

Ademais, recalcou que o comité de bioética, con profesionais independentes, dixo se á petición dos pais, de maneira que pediu á Xunta de Galicia ten que “dar curso e aceptar a petición dos pais de Andrea”.

Os pais, dixo, “teñen un dereito humano e un dereito legal, porque” está recomendado non só pola OMS senón tamén polo comité de bioética.

1 de outubro de 2015 | 10:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.